Tuesday 14 de May de 2024

O novo equipo de drons exhíbese en María Pita no Día da Policía Local


A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto de entrega de distincións a axentes e mandos: “Enfrentámonos a novos retos como sociedade que requiren que contemos cun corpo de policía forte, implicado e máis alerta e coordinado que nunca”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá a celebración da festividade da Policía Local, un acto que se desenvolveu no Pazo Municipal e na praza de María Pita. A rexedora estivo acompañada polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz Castroverde, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, o delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal Martín e o director xeral de emerxencias e interior da Xunta, Santiago Villanueva Álvarez. Tamén
participaron no acto o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, o director da área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán e o xefe accidental da Policía Local, José Antonio Brandariz.

A alcaldesa agradeceu o traballo levado a cabo polos axentes da Policía Local durante o último ano: “Hoxe é un día de homenaxe á Policía Local, e por extensión a todos os corpos e forzas de seguridade do Estado, un día de homenaxe á imprescindible labor que, como colectivo e individualmente todos e cada un de vós, realizades en beneficio dos cidadáns e das cidadás da Coruña”. No salón de sesións entregáronse medallas e diplomas aos e ás axentes que levan 20, 30, 35 e 40 anos de servizo. Tamén se lle rendeu unha homenaxe aos policías xubilados no ano 2022 coa distinción de policías honoríficos. Levouse a cabo tamén unha entrega de felicitacións públicas polo apoio á Policía Local e de distincións a axentes pola súa traxectoria exemplar.

“Enfrentámonos a novos retos como sociedade que requiren que contemos cun corpo de policía forte, implicado e máis alerta e coordinado que nunca co resto de corpos de seguridade do Estado”, sinalou a alcaldesa. Baixo diferentes denominacións, a Policía Local da Coruña traballa desde 1846 ao servizo da seguridade colectiva. “Son moitas as xeracións de policías locais que teñen dedicado a súa vida a unha das tarefas máis nobres que existen, a de salvagardar a convivencia, a seguridade e a tranquilidade dos cidadáns e cidadás”, apuntou a rexedora.

Ao remate do acto, levouse a cabo unha exhibición na praza de María Pita do novo equipo de drons da Policía Local. Estes medios entrarán en servizo na próxima noite de San Xoán, sobrevoando as praias de Riazor e Orzán para detectar de maneira inmediata posibles incidencias que requiran da intervención dos corpos de seguridade. “Hoxe o noso corpo conta con máis melloras medios grazas a estes drons que vos axudarán a desenvolver o voso traballo con maior precisión”, engadiu Inés Rey, que tamén lembrou o reforzo da Policía Local coa convocatoria de 94 novas prazas neste mandato.

Listaxe de premiados

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 20 anos:
Oficial Javier Martínez Suarez
Oficial Lorena Ponte Saavedra
Policía Antonio Cardezo Añon
Policía Juan Fernández Vázquez
Policía Arisleyda Lendoiro Santos
Policía Miguel Ángel Navaza López
Policía Juan Manuel Otero Couceiro
Policía Marcos Sánchez Ramos

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 30 anos:
Intendente José Manuel Rico Rodríguez

Oficial José Manuel Cacheiro Calviño
Oficial Silvia Castro Rodríguez
Oficial David Patiño Pedreira
Policía D. Manuel Ángel Aboal Seijas
Policía Juan Bellagona Martínez
Policía José Santiago Bernal Martin
Policía Carlos Calvo Otero
Policía José Manuel Ferreira Abelleira
Javier Fontenla Borrazás
Policía Manuel Freire Bazarra
Policía Santiago García Rial
Policía José Luis Iglesias Varela
Policía Fernando Lamela Paz
Policía Alfonso Joaquín Mallo Abreu
Policía Jorge Alberto Pazos Miser
Policía Jose Manuel Penas Pérez
Policía Carlos Ponte Rodríguez
Policía Jose Manuel Queijas Pallas
Policía Adolfo Regueiro Iglesias
Policía Jesús Rial San Isidro

Policía Carmen Rodríguez García
Policía Carlos Rodríguez Vilabrille
Policía Eduardo Manuel Soto Vilar
Policía Francisco Varela Barizo
Policía José Ángel Villar García

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 35 anos:
Policía Juan Luis Naya Iglesias
Policía José Manuel Fernández Rodríguez

Medalla e diploma á permanencia no servizo por 40 anos:
Inspector Principal Joaquín Ponte Pérez
Policía José Manuel Loureiro Ventureira

Homenaxe aos policías locais xubilados no ano 2022 coa distinción de policías
honoríficos:
Inspector José Manuel López Vázquez
Inspector Santiago Pérez Arias
Oficial José Ramón Castro Rodríguez
Oficial Victoriano Pardo Fariñas
Policía María Isabel Morano Santiso
Policía Vicente Coya Rodríguez
Policía luís Ernesto Brañas Fernández

Policía Jose Manuel Rumbo Domínguez
Policía Juan Carlos Naveira Seoane
Policía Manuel Angel Aboal Seijas
Policía Juan Manuel Fernández Rodríguez
Policía Juan Daniel Dequidt López
Policía Jose Manuel Loureiro Ventureira
Medalla e diploma de felicitacións públicas:

Don Fernando Suanzes Pérez, Fiscal Superior da Fiscalía da Comunidad Autónoma
de Galicia.

Dona Nuria Esther Palacios Ibán, Inspectora Xefe de Policía Nacional (Xefe Sección
Operativa UDYCO da Brigada Provincial de Policía Xudicial).

Don Miguel Soldán Lema, Capitán da Garda Civil (Xefe do Subsector da Agrupación
de Tráfico da Garda Civil da provincia de A Coruña).

Don Jesús Méndez Rodríguez, Inspector da Policía Nacional. Xefe do Grupo de
Atención ao Cidadán da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá de A Coruña.

Don Fernando Míguez Eirín, Profesor-Instructor de Educación Física e Defensa
Persoal Policial da Policía Local de A Coruña.

Medalla e diploma pola traxectoria profesional exemplar a axentes do corpo da Policía
Local:
Oficial José Manuel Cacheiro Calviño
Policía Juan José Bellagona Martinez
Policía Susana Catalan Morcillo

Policía José Manuel Ferreira Abelleira
Policía Guillermo García Rial